Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 10 de novembro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Na mañá do día de onte 9 de outubro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un inmoble da rúa do Miño, xa que ao parecer escóitanse berros procedentes dunha vivenda.

Os axentes identifican ao responsable, manifestando que estaba a discutir cuns familiares e nun momento dado un deles tropezou cuns xarróns, caendo ao chan e rompéndose, procedendo os axentes á identificación de todos os presentes, detectando que un deles é un neno de 6 anos, que é coidado polos seus avós que se achaban no lugar e ao ser preguntados o motivo polo cal o neno non está no colexio, din que o descoñecen e que dubidan entre dous centros escolares da cidade, aos que se dirixen os axentes, comprobando que en ningún deles está o neno escolarizado, polo que se confecciona o correspondente parte de intervención para a súa remisión ao servizo de Menores da Xunta de Galicia e aos Servizos Sociais.

Noticias relacionadas