Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Balance de intervencións policiais destacadas durante a fin de semana do 6 ao 8 de outubro.

Luns, 09 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delito de agresión sexual

O día 8, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, proceden á detención dun home de 34 anos, con domicilio en Madrid, como presunto autor dun delito de agresión sexual, en relación aos seguintes feitos. Esta persoa, disfrazado dun dos personaxes da patrulla canina (can policía de cor azul) ofrécese ao nenos para fotografarse con el e, no caso que nos ocupa, aproveita esta situación para realizar tocamentos a menores.

Que no citado día unha nai denuncia a unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo no recinto feiral, que esta persoa realizara, en dúas ocasións, tocamentos ás súas fillas menores de idade, polo que é buscado polas patrullas policiais e localizado na rúa Doctor Portela, procedéndose á detención por un presunto delito de agresión sexual e trasladado a dependencias policiais onde se instrúen as dilixencias para o Xulgado correspondente.

Detención por violencia de xénero

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno cando patrullaba pola rúa Mariña Española é requirida por un cidadán o cal manifesta que acababa de ver como un mozo agarraba polo pescozo a unha moza, facilitando as características físicas da parella. Os axentes realizan unha procura pola zona, sendo localizada a parella, entrevistándose por separado con ambos, manifestando o home que non fixera nada e que foi a súa parella que lle daba unha labazada, ocasionándolle unhas erosións na cara e pola súa banda a muller manifesta que a súa parella estaba a agredila e que durante o forcexo ao tentar defenderse ocasionáralle as feridas. Por tal motivo procédese á detención de ambos polos presuntos delitos de violencia de xénero e doméstica, sendo trasladados a un centro médico e posteriormente a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para a súa remisión ao Xulgado competente.       

Controis de alcoholemia

 Durante a fin de semana intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas, nos que interviñeron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo e equipos da Unidade de Atestados do Corpo, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

Na Avenida das Fontiñas dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,66 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na mesma vía detéctase outro condutor que circula baixo a influencia de bebidas alcohólicas, lanzando un resultado positivo de 0,67 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na rúa Santiago intercéptase un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado positivo de 0,94 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na rúa Angelo Colocci practícase proba de alcoholemia a un condutor, lanzando un resultado positivo de 0,76 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

Detectáronse en diferentes vías da cidade, condutores que foron sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando 17 resultados positivos.

  • 1.- 0,32 mg/l
  • 2.- 0,34 mg/l
  • 3.- 0,36 mg/l
  • 4.- 0,40 mg/l
  • 5.- 0,57 mg/l
  • 6.- 0,65 mg/l
  • 7.- 0,41 mg/l
  • 8.- 0,46 mg/l
  • 9.- 0,54 mg/l
  • 10.- 0,40 mg/l
  • 11.- 0,49 mg/l
  • 12.- 0,43 mg/l
  • 13.- 0,53  mg/l
  • 14.- 0,44 mg/l
  • 15.- 0,32 mg/l
  • 16.- 0,59 mg/l
  • 17.- 0,35 mg/l

Os condutores que lanzaron resultado entre 0,25 e 0,50 mg/l foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e os que excederon esta taxa foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, sendo inmobilizados todos os vehículos.

DROGAS

  1. Condutor sometido á proba de drogas, lanza un resultado positivo en cocaína.
  2. Condutor sometido ás probas de drogas, lanza un resultado positivo en anfetaminas.

Ademais nos controis e filtros de seguridade viaria establecidos durante esta fin de semana, detectáronse e denunciado as seguintes infraccións graves á normativa de Seguridade viaria:

  • 18 condutores denunciados por non presentar os vehículos a ITV no prazo debido.
  • 5 titulares de vehículos denunciados por circular carecendo de SOA.
  • 1 condutor denunciado por condución neglixente.
  • 1 condutor denunciado por condución temeraria.
  • 1 condutor denunciado por circular sen iluminación entre a posta e a saída do sol.

Condutas incívicas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprenderon a 9 mozos ouriñando na vía pública, concretamente na rúa Catedral, Rolda Muralla (3) Dean Fernández Varela, Bo Jesús, Quiroga Ballesteros e Praza de Santa María (2), levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros a cada un deles.

Venda ambulante de produtos cárnicos sen autorización

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno detectou ás 4 horas do día 7, en cálea Catedral, un posto ambulante consistente nunha mesa con rodas sobre a que se cociñaba carnes, utilizando unha grella con bombona de gas, levantando acta de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, ordenando a retirada da instalación. (foto)

Axuda humanitaria

Durante esta fin de semana, as patrullas de Policía Local de Lugo realizaron CATRO intervencións por auxilio a persoas:

Nas costas do Parque auxilian a un home que en estado de embriaguez caeuse, sendo atendido por unha ambulancia do 061, rexeitando ser trasladado a un centro médico. Tamén en colaboración cunha dotación do 061, asistiuse a unha persoa agresiva na rúa Eduardo Pondal.

Na chaira do Pavillón Municipal dos Deportes auxíliase a unha muller que se acha baixo os efectos do alcol, que estaba tirada no chan, sendo auxiliada polos axentes que requiren a presenza dunha ambulancia, onde é trasladada ao HULA, sendo acompañada no interior da ambulancia por unha patrulla policial debido ao seu estado de alteración. Por último, na rúa Bispo Aguirre auxíliase a un home que sufrira un mareo, requirindo a presenza dunha ambulancia, sendo trasladado a un centro médico.

Noticias relacionadas