Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Luns, 08 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por atentando a axente da autoridade

A noite do día 6 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, de servizo en cálea Bispo Aguirre, observa a un home que está a tentar introducir unha chave na fechadura do portal dun edificio, sen conseguilo. Os axentes preguntan a esta persoa se vive nese inmoble, respondendo con frases evasivas e descualificativos cara aos policías, negándose a mostrar as chaves que estaba a introducir, sendo requirido para que se identificase ao que se NEGA   reiteradamente, comezando a poñerse agresivo, golpeando no peito a un dos axentes, momento no que se procede á súa detención, un home de 53 anos veciño desta cidade, sendo trasladado a dependencias policiais, onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda, por delito de atentado a axentes da autoridade.

Controis de alcoholemia e drogas

Durante a fin de semana, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA

En Alaxandre Bóveda detéctase a circulación irregular dun vehículo, cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,73 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na rúa Lamas de Prado dáse o alto a un vehículo, comprobando que o seu condutor carece de permiso de condución pola perda total dos puntos asignados, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na rúa Mariña Española detéctase a circulación irregular dun vehículo, sendo sometido o seu condutor ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 1,00 (catro veces máis da taxa permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

En Camiño Real prodúcese un accidente de circulación no que están implicados dous vehículos, observando os axentes que o condutor dun deles presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,78 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS

  1. Rúa Tui. Condutor que lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,45 mg/l.
  2. Camiño Real. Condutor que lanza taxa POSITIVA de alcol de 0,31 mg/l.
  3. Lamas de Prado. Condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,44 mg/l.
  4. Lamas de Prado. Condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,48 mg/l.
  5. Rolda da Muralla. Condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,43 mg/l.

A estes condutores sanciónaselles con 500 euros de multa e a retirada de 4 putnos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

DROGAS

Na Avenida das Fontiñas dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido a un test de drogas, lanzando un resultado POSITIVO en THC. Ábrese expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos, inmobilizando o vehículo.

Axuda humanitaria

O día 5 pola tarde efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo interviñeron en dous auxilios a cidadáns. O primeiro na rúa Castelao onde un home atopábase tirado na rúa, presentando unha ferida na cara, posiblemente por unha caída casual, sendo auxiliado polos axentes que requiren a presenza dunha ambulancia que o traslada ao HULA para a súa atención médica. A segunda intervención prodúcese nun edificio da Avenida das Américas onde os axentes auxilian a unha persoa que se caeu no interior do seu domicilio, causándose unha ferida na fronte, requirindo a presenza dunha ambulancia que a traslada ao HULA.

Noticias relacionadas