Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 5 ao 7 de abril/24.

Luns, 08 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e drogas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intensificaron os controis de alcoholemia e drogas, establecéndose diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, empregando para iso vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte resultado:

DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA (6)

  • En República Arxentina dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,77 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • En Avenida de Madrid, un condutor de vehículo que circula CARECENDO de permiso de condución, investígaselle por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • En Lamas de Prado dáse o alto a un vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,69 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Dinán sorpréndese a un condutor que conduce o seu vehículo CARECENDO de permiso de condución por SENTENZA XUDICIAL, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na rúa Mondoñedo dáse o alto a un vehículo e compróbase que o seu condutor CARECE de permiso de condución por PERDA TOTAL DOS PUNTOS ASIGNADOS, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.
  • Na Avenida Infanta Elena detéctase a circulación dun vehículo cuxo condutor CARECE de permiso de condución por non obtelo NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

ALCOHOLEMIAS ADMINISTRATIVAS (6)

  • Rolda de Fingoi. Condutor que lanza resultado POSITIVO de 0,44 mg/l.
  • Rúa San Roque. Condutor que lanza resultado POSITIVO de 0,44 mg/l.
  • Rúa Dinán. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,45  mg/l.
  • Rúa Dinán. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,38 mg/l.

Estes condutores foron sancionados con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

  • Rúa San Roque. Condutor que lanza resultado POSITIVO de 0,57 mg/l.
  • Rúa Dinán. Condutor que lanza un resultado POSITIVO de 0,64 mg/l.

Estes condutores foron sancionados con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

DROGAS (4)

  • Rúa Armiño. Condutor POSITIVO en COCAÍNA, BENZODIAZEPINA e ANFETAMINA.
  • Rúa Villalba. Condutor POSITIVO en COCAÍNA e THC.
  • Rúa do Peto. Condutor POSITIVO en COCAÍNA.
  • Rúa das Artes. Condutor POSITIVO en COCAÍNA, OPIÁCEOS e THC.

Estes condutores foron sancionados con multas de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

No transcurso destes controis denunciáronse as seguintes infraccións graves á Lei de Seguridade viaria:

  • 11 condutores que non presentaran os vehículos á ITV no prazo debido.
  • 6 condutores que circulaban carecendo de SOA.

Quedada (KDD) de vehículos (1 delito contra a seguridade viaria, 3 alcoholemias administrativas e diversas infraccións graves e moi graves)

A través de redes sociais tívose coñecemento dunha KDD de vehículos, o sábado pola noite, no polígono industrial de As Gándaras, motivo polo cal se estableceu un dispositivo especial no que participaron indicativos policiais camuflados e rotulados do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, detectándose esa noite as seguintes infraccións graves e moi graves á normativa de Seguridade viaria:

  • Condutor investigado por delito contra a seguridade viaria ao lanzar unha taxa de alcol de 0,65 mg/l. inmobilizouse o vehículo. Este condutor sufriu unha saída de vía nunha das rúas do polígono industrial. (foto)
  • TRES condutores detectados con taxas superiores ás regulamentariamente establecidas: 0,35, 0,48 e 0,51 mg/l respectivamente. Proponse sanción para os dous primeiros de 500 euros e a retirada de 4 puntos e para o terceiro de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos, inmobilizando os vehículos.
  • 1 condutor denunciado por condución temeraria. Proponse sanción de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
  • 1 condutor denunciado por condución neglixente. Proponse sanción de 200 euros.

Condutas incívicas

Nun dispositivo especial, unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprendeu no centro histórico a SEIS (6) mozos ouriñando na vía pública, levantada acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñendo sanción para cada un deles de ata 900 euros.

Os lugares onde foron sorprendidas estas persoas foron: Praza Fernando Casas Novoa (1) e Travesía do Miño (5).

Depósito de lixo fóra dos contedores

Continuando co dispositivo iniciado para detectar a persoas que depositan bolsas de lixo fóra dos contedores, unha patrulla camuflada do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo sorprendeu a unha traballadora dun local de hostalería da rúa Marina Española lanzando bolsas de lixo na vía pública, levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros.

Tamén se levanta acta de denuncia ao detectar que unha persoa lanzara varios sacos de entullo de obra en contedores de residuos sólidos, na rúa Serra de Gañidoira, propoñéndose sanción ao amparo da Lei de Residuos de Galicia.

Venda ambulante non autorizada

Na mañá do venres, a patrulla de servizo no mercadillo semanal do Parque da Milagrosa levantou TRES actas de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá, ao sorprender a outras tantas persoas ocupando a vía pública para venda ambulante non autorizada, sendo sancionadas con 600 euros cada unha delas.

Noticias relacionadas