Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 05 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

Na madrugada do 4 ao 5 de xaneiro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados estableceron diversos controis en vías do centro urbano, detectando tres condutas penais cuxos autores son investigados por delitos contra a seguridade viaria.

A primeira detectouse ás 00:55 horas cando unha patrulla observa que un vehículo non respecta o sinal de STOP, existente na confluencia da rúa Angelo Colocci con Lavandeira, e ao darlle ao “alto” ao seu condutor compróbase que presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,81 mg/l (máis do triplo da taxa máxima permitida), sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e inmobilizando o vehículo.

A segunda se levou a cabo sobre as 1:55 horas cando unha patrulla de Policía Local detecta a circulación dun vehículo que circula en sentido contrario desde a porta do Carmen cara á Rolda da Muralla, observando ademais que a condución é irregular, dándolle o “alto” e comprobando que se trataba dunha condutora que presenta signos de atoparse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometida ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 1,13 mg/l (case cinco veces máis da taxa máxima permitida) no etilómetro de mostraxe, sendo trasladada á Unidade de Atestados do Corpo para sometela ás probas regulamentarias nun etilómetro de precisión, ante o cal adopta unha actitude de non colaboración, tratando de eludir a realización da proba ao soprar a intervalos por fóra da embocadura, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria por NEGATIVA a someterse ás probas legalmente establecidas, sendo citada para comparecer a Xuízo Rápido e sendo inmobilizado o vehículo que conducía.

A terceira levou a cabo sobre as 2:00 horas cando unha dotación da Policía Nacional intervén cun turismo que non respectara a luz vermella dun semáforo na confluencia de Praza de Fonte dos Ranchos con Poeta Ramón Cabanillas e Chantada, polo que unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local somete ao condutor, que presentaba signos de embriaguez, ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,74 mg/l, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na primeira e terceira intervención os condutores enfróntanse a unha pena de prisión de tres a seis meses ou multa ou traballos en beneficio da comunidade e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Na segunda intervención a condutora enfróntase a unha pena superior á anterior pois a conduta de negarse a someterse ás probas de alcoholemia é castigada coa pena de prisión de 6 meses a un ano e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Noticias relacionadas