Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 1 ao 3 de xullo/22.

Luns, 04 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia

Durante a madrugada do venres ao sábado, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio de equipos de Atestados do Corpo e co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, estableceron diferentes filtros de seguridade viaria, detectando na rúa Villalba un vehículo cuxo condutor ao ser parado presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,83 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Así mesmo na Ronda de Fingoi unha patrulla camuflada detecta a condución irregular dun turismo cuxo condutor presenta signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas regulamentarias, lanzando un resultado POSITIVO de 0,68 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Na rúa Alexandre Bóveda Un indicativo policial da o “alto” a un vehículo cuxo condutor presenta signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia e lanzando un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizándose o vehículo.

A noite do sábado ao domingo, incrementáronse os controis de alcoholemia, onde efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo e equipos da Unidade de Atestados do Corpo estableceron varios filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando OITO condutores que lanzaron resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos.

Na Ronda da Muralla detectáronse CINCO condutores con signos de inxerir bebidas alcohólicas e que lanzaron o seguinte resultado POSITIVO nas probas de detección alcohólica.

  • 0,32 mg/l
  • 0,33 mg/l
  • 0,38 mg/l
  • 0,42 mg/l
  • 0,65 mg/l

Aos catro primeiros abríuselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir e ao quinto sancionóuselle con 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

Na Ronda das Mercedes deuse o “alto” a un vehículo cuxo condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Na rúa San Roque detectouse a condución irregular dun vehículo, observando o seu condutor que presentaba signos de inxerir alcol, sendo sometido ás probas regulamentarias, lanzando un resultado POSITIVO de 0,58 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Na rúa Montero Ríos detéctase a circulación irregular dun vehículo, cuxo condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0, 42 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

A noite do domingo ao luns, volveron establecer filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando na rúa Milagrosa a circulación irregular dun vehículo que ao identificar o seu condutor comprobouse a través das bases de datos policiais que CARECÍA de permiso de condución por perda total dos puntos asignados, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizando o vehículo.

Na rúa Mar Cantábrico detéctase un vehículo cuxo condutor presenta signos de inxerir bebidas alcohólicas, lanzando un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l nas probas de alcoholemia ás que foi sometido, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Na rúa Marina Española dáselle o alto a un vehículo cuxo condutor despois de ser sometido ás probas de detección alcohólica lanza un resultado POSITIVO de 0,38 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir, inmobilizándose o vehículo.

Accidente de circulación e delito contra a seguridade viaria

Sobre as 15,30 horas do día 2 de xullo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Aquilino Iglesias Alvariño xa que se produciu un accidente de circulación, observando os axentes un vehículo sobre a beirarrúa con tres rodas rebentadas, danos na defensa e perdendo líquido do motor e un home no posto do condutor sen cinto e sentado de lado coas pernas fose do coche, procedendo á súa identificación e manifestando que el era o condutor e propietario do vehículo, observando que presentaba signos de embriaguez.

Non obstante varias testemuñas do accidente declararon que o condutor non era o home que se achaba no vehículo senón que era un dos mozos que estaban no exterior, sendo identificado polos policías e recoñecendo que el era o condutor do vehículo e ao volver tomarlle declaración ao propietario do mesmo rectificou e manifestou que era o seu amigo o condutor, presentando tamén signos de embriaguez, polo que é sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,68 mg/l e comprobando a través das bases de datos policiais que CARECE de permiso de condución por non obtelo NUNCA, instruíndose dilixencias por DOUS DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA, sendo investigado tamén o propietario do vehículo, que inicialmente manifestou que era o condutor, por un delito de cooperador necesario na comisión dos delitos descritos.

Condutas incívicas

Levantouse unha acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia contra o condutor dun vehículo que, cando estaba a realizar os trámites dunha proba de alcoholemia, púxose a ouriñar fronte á fachada dun inmoble do Carril dos Loureiros, sendo sancionado con multa de ata 900 euros.

Así mesmo levantáronse tres actas de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia contra TRES novos que estaban a ouriñar na vía pública. Un contra a fachada da Catedral e dúas en cálea Clérigos, propoñéndose sanción de ata 900 euros.

Noticias relacionadas