Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Martes, 04 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Detención por violencia de xénero

Sobre as 6:10 horas do día 2 de abril unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio do centro histórico xa que ao parecer nunha vivenda está a producirse unha discusión de parella.

Os axentes atopan na rúa á parella, manifestando a muller que tras unha discusión coa súa exparella, o home a empuxara, sen producirlle lesión algunha, manifestando o home que a muller lle cuspira, motivo polo cal se procede á detención do home como presunto autor dun delito de violencia de xénero, sendo trasladado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente.

Delitos contra a seguridade viaria

Detectáronse TRES condutores que son investigados por delito contra a seguridade viaria.

O primeiro lanzou nas probas de alcoholemia practicadas unha taxa de alcol de 0,88 mg/l., o segundo lanzou un resultado POSITIVO de 0,73 mg/l e o terceiro circulaba CARECENDO de permiso de condución por carencia dos puntos asignados, procedendo á inmobilización dos vehículos.

Así mesmo un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo acode á Comisaría da Policía Nacional xa que se presentou un condutor nas devanditas dependencias con evidentes signos de atoparse baixo os efectos do alcol, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,53 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas