Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 03 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Acto vandálico

Na tarde do día 25 de abril, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda ao aparcadoiro da rúa Ramón e Cajal, xa que ao parecer uns mozos estaban a tirar pedras aos vehículos alí estacionados.

Os axentes preséntanse de inmediato e logran a identificación de dous mozos, menores de idade, que recoñecen que estaban a xogar a tirar pedras contra a Muralla e que posiblemente puidesen alcanzar a algún vehículo.

Procédese á identificación das testemuñas do feito que aseguran que os mozos estaban a tirar pedras aos coches, golpeando a un vehículo que xa se ausentou do lugar, informando el mesmo á condutora.

Os policías póñense en contacto cos pais destes dous mozos, informándolles destes feitos, confeccionando o correspondente parte de intervención á espera da presentación das denuncias que puidesen realizarse polos danos causados.

Depósito de residuos

A mañá do día 2 de maio, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo sorprende a dous homes que depositan no interior dun contedor de residuos orgánicos, restos de madeira, un módulo dun moble de cociña e unha campá extractora, sendo identificados e levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos. (foto)

Noticias relacionadas