Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Xoves, 03 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros de seguridade viaria

Na madrugada do día 3 de febreiro/22 efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio da Unidade de Atestados do Corpo, estableceron diferentes filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectándose as seguintes infraccións:

  • Condutor detectado conducindo pola rúa Curros Enríquez presentando signos de embriaguez. Foi sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO DE 0,64 mg/ l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizándose o vehículo. Así mesmo comprobouse que o condutor carece dos requisitos administrativos para conducir ao non realizar o curso de reeducación posterior a condena penal.
  •  Foron sorprendidos dous vehículos que carecían de Seguro Obrigatorio de Automóbiles, sendo denunciados os seus titulares con multa de 1.500 euros e procedendo á súa retirada polo servizo de guindastre quedando inmobilizados no Depósito Municipal.
  •  Detectouse a circulación dun vehículo con permiso temporal de empresa amparado con placa temporal carecendo de boletín de circulación e sen destinar este vehículo aos fins establecidos. Abriuse expediente sancionador con multa de 400 euros.
  •  Foi parado un vehículo coa ITV desfavorable superior a dous meses, abríndose expediente sancionador por infracción ao Regulamento Xeral de Vehículos con sanción de 200 euros.
  •  Detectouse un Vehículo de Movilidad Persoal circulando de noite sen ningún tipo de iluminación, sendo denunciado o seu condutor con multa de 200 euros.

Así mesmo efectivos da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria a un condutor presentado por unha dotación da Policía Nacional que o sorprendeu conducindo por cálea Concepción Arenal, comprobándose que carece de permiso de condución por non obtelo nunca, instruíndose tamén dilixencias penais contra o acompañante por  cooperador necesario no citado delito, sendo citados para Xuízo Rápido.

Noticias relacionadas