Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 02 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Controis de alcoholemia e delito contra a seguridade viaria

Na madrugada do 31 de outubro ao 1 de novembro, por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo establecéronse diversos filtros de seguridade viaria nos que se detectaron as seguintes incidencias:

  • ** Vehículo detido na rúa Santiago, observando que o seu condutor presentaba signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/l.
  • ** Na rúa Angelo Colocci dáse o alto a outro vehículo, someténdose ao seu condutor ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,49 mg/l.

En ambos os casos abriuse expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e inmobilizáronse os vehículos.

Así mesmo abriuse expediente sancionador contra unha condutora por conducir con permiso cuxa vixencia vencera, sendo denunciada por conducir con autorización que carece de validez por non realizar o curso de reeducación, sendo sancionada ademais por non pasar ITV no prazo debido, sendo denunciada tamén por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por falta de respecto e consideración a axentes da autoridade.

Na rúa Villalba deuse o alto a un vehículo, comprobándose que a súa condutora CARECÍA de permiso de condución POR NON OBTELO NUNCA, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, procedéndose á inmobilización do vehículo.

No dispositivo establecido nas inmediacións do cemiterio, na mañá do día 1 de novembro, se chequearon numerosos vehículos para comprobar, a través das bases de datos policiais, a documentación dos mesmos, detectándose OITO turismos que os seus titulares non os presentaran á ITV no prazo debido, abríndose expedientes sancionadores con multa de 200 euros, concedéndolles 10 días para superar a Inspección Técnica.

Noticias relacionadas