Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 02 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

O luns día 28 de febreiro e o martes 1 de marzo, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo continuaron co establecemento de filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano para o control do cumprimento da normativa de tráfico, detectando na rúa Serra de Meira un vehículo cuxo condutor CARECÍA de permiso de condución, sendo trasladado á Unidade de Atestados onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. Este condutor, de 60 anos de idade, é reincidente xa que en marzo do ano pasado fora sorprendido por unha patrulla da Policía Local de Lugo conducindo CARECENDO de permiso, instruíndose naqueles momentos dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

O día 1 de marzo patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detectaron na rúa San Roque a condución irregular dun vehículo cuxo condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,58 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizándose o vehículo.

Ese mesmo día detéctase nun control na Fonte dos Ranchos un vehículo cuxo condutor presenta signos de inxesta de alcol, sendo sometido ás probas regulamentarias e lanzando un resultado POSITIVO de 0,57 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizándose o vehículo.

Así mesmo detéctase na Avenida das Américas a circulación dun vehículo dun vehículo cuxo condutor CARECE de permiso de condución polo que é trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, comprobándose tamén que non presentara o vehículo a ITV no prazo debido, abríndose expediente sancionador con multa de 200 euros e inmobilizándose o vehículo.

Graffiti en inmoble

Sobre as 10:00 horas do día 28 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procede á identificación dun mozo de 21 anos como presunto autor dun graffiti realizado nun inmoble da rúa do Miño, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá.

Noticias relacionadas