Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Mércores, 01 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do día 1 de xuño, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, apoiado pola Unidade de Atestados do Corpo, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, estableceron diversos filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectando na Avenida das Fontiñas a circulación irregular dun vehículo cuxo condutor presentaba signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,67 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, inmobilizándose o vehículo.

Na Rolda do Carmen detéctase a circulación dun vehículo en zigzag, sendo interceptado e identificado o seu condutor observando que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,80 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e inmobilizándose o vehículo.

Estes dous condutores enfróntanse a unha pena de prisión de 3 a 6 meses ou traballos en beneficio á comunidade ou multa e, en todo caso, coa privación do permiso de condución de 1 a 4 anos.

Máis tarde detéctase nun control establecido na Rolda da Muralla un vehículo cuxo condutor inxerira bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas regulamentarias, lanzando un resultado POSITIVO de 0,31 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Así mesmo no transcurso destes controis abríronse expedientes sancionadores a outros condutores:

  • DOUS por non someter o vehículo á ITV no prazo debido.
  • UN por circular co vehículo quedando inhabilitado ao non someter a unha nova inspección no prazo máximo establecido tras un primeiro resultado desfavorable.

Noticias relacionadas