Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 23 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Condutor de risco ou multirreincidente

Sobre as 04:15 horas do día 22 de xullo e debido a unha infracción en materia de tráfico, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo procede á detención dun home de 40 anos de idade, cando circulaba como condutor dun vehículo de motor, constatando que se trataba dun condutor multirreincidente en delitos contra a seguridade viaria.

Así, nas comprobacións realizadas sobre o mesmo, púidose constatar que circulaba con perda de vixencia do carné de conducir por perda total dos puntos asignados, lanzando ademais resultado POSITIVO ás probas de alcoholemia ás que foi sometido (triplicaba a taxa máxima permitida).

Por parte de membros da Unidade de Atestados de dito Corpo procedeuse á súa citación como investigado como presunto autor do devandito delito, investigando tamén ao titular do turismo que conducía como cooperador necesario, tramitándose dilixencias perante o xulgado de garda na modalidade de Xuízo Rápido.

Dáse a circunstancia que o mesmo condutor fora detido o pasado día 10 de de xullo cando circulaba por dirección prohibida na rúa Montirón, sendo nese caso investigado como autor de tres presuntos delitos contra a seguridade viaria:

  • Negativa a someterse ás probas legalmente establecidas para a determinación das taxas de alcoholemia.
  • Condución baixo os efectos de bebidas alcohólicas.
  • Condución con perda de vixencia do carné de conducir por perda total dos puntos asignados.

O pasado día 16 de xuño foi sorprendido tamén cando conducía carecendo de permiso de condución con perda de vixencia do carné de conducir por perda total dos puntos asignados, instruíndose dilixencias como investigado por autor dun delito contra a seguridade viaria, utilizando o mesmo vehículo que nos dous casos anteriores.

A intervención policial realizada os pasados días 10 e 22 de xullo fai que o condutor indicado deba comparecer o mesmo día para a celebración de dous xuízos rápidos distintos, onde se determinará a responsabilidade penal derivada pola presunta comisión dos delitos contra a seguridade viaria descritos.

Noticias relacionadas