
Detención por delito de condución temeraria, atentado a axentes da autoridade e delito contra a seguridade viaria
Sobre as 23:55 horas do día 20 de maio unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a condución irregular dun vehículo pola rúa Valle Inclán, dándolle o “alto”, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, polo que é sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,90 mg/l (máis do triplo da taxa máxima permitida), procedendo á inmobilización do vehículo e trasladando ao condutor á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
Sobre as 2:10 horas do día 21 de maio, a patrulla policial observa que o vehículo inmobilizado áchase circulando, conducido por un home que era o acompañante do condutor cando foi parado na rúa Valle Inclán, quebrantando a orde de inmobilización, dándolle o “alto”, pero lonxe de deterse emprende a fuxida a gran velocidade polas rúas Angelo Colocci e Avenida da Coruña, virando bruscamente cara un descampado fronte ao nº 490 desta Avenida, onde é interceptado polos axentes.
Un dos policías descende do vehículo policial, ordenando ao condutor que apague o motor e poña as chaves no teito do vehículo, momento que dá bruscamente marcha atrás, tendo o axente que lanzarse ao carón para non ser atropelado. O condutor foxe de novo do lugar, localizándoo na rúa Alvedro onde deixa o coche estacionado e foxe correndo cara á rúa Avutarda, sendo localizado tirado nun horto, escondido entre a maleza.
Que nese momento procédese á súa detención e traslado a dependencias policiais onde se nega a someterse ás probas de detección alcohólica, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria, instruíndose tamén dilixencias para o Xulgado de Garda por delito de condución temeraria e de atentado a axentes da autoridade polo intento de atropelo.
O condutor manifestou que escapaba da patrulla para evitar o control de alcoholemia xa que “había bebido máis da conta”. Así mesmo na analítica realizada nun centro médico lanzou POSITIVO en Cocaína.
Esa mesma noite foi interceptado, ás 1:10 horas, outro condutor que lanzou un resultado POSITIVO de 0,35 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.
Subtracción dun patinete eléctrico
Sobre as 12:30 horas do día 20 de maio, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo pola Avenida da Coruña, é reclamada por un cidadán quen manifesta que deixou o seu patinete eléctrico na porta dun establecemento da devandita vía, mentres realizaba unha compra, e ao regresar xa non se atopaba no lugar.
Que a patrulla realiza unha batida pola zona en busca deste vehículo, observando a tres rapaces aos que interrogan polo feito, manifestando que xustamente un amigo chamáralles por teléfono ofrecéndolles un patinete.
Que os mozos manifestan que o presunto autor do feito dilles que deixa o patinete na Praza de Viana do Castelo para que o vendan e saquen o que poidan.
Que a patrulla procede á identificación dos mozos e ao presunto autor do feito, localizando o patinete no lugar indicado, instruíndose dilixencias para o Xulgado de Garda.