Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 17 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Control normas  COVID

Na madrugada do día 17 de setembro/21, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron unha inspección nun local de hostalería de calle Pintor  Villamil, detectando que se achaba aberto ás 2,25 horas, cando o seu horario de peche é á 1,00, con clientes no interior consumindo bebidas, levantándose acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Así mesmo comprobouse que desenvolvía a actividade sen licenza ou autorización administrativa de funcionamento, levantándose acta de denuncia por infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tamén se levantaron tres actas por consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, identificando os mozos e propoñéndoos para sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Traballadores sen alta na seguridade social

Sobre as 17,15 horas do día 16 de setembro/21, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a un entresollado da  rúa  Unidade xa que ao parecer estábanse levando a cabo unhas obras.

Os axentes comproban que na entreplanta están a levarse a cabo traballos de acondicionamento para uso residencial, identificando a tres traballadores e ao solicitante das obras, comprobando que os tres obreiros non se atopan dados de alta na Seguridade Social, levantando acta de denuncia para a súa remisión a este órgano.

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada, por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, apoiados por un equipo de Atestados do Corpo, establecéronse diferentes  filtros de seguridade viaria en vías do centro urbano, detectándose ás 4,00 horas na rúa San Roque o condutor dun turismo que ao ser sometido ás probas de detección alcohólica lanzou un resultado POSITIVO de 0,66 mg/ l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Ás 4,30 horas, nun control establecido na avenida de Madrid, detectouse o condutor dun vehículo que lanzou un resultado POSITIVO nas probas de alcoholemia realizadas de 0,53 mg/ l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas