Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 15 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ruídos en interior de vivenda particular

Sobre as 23,40 horas do día 14 de setembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode a un edificio da Rampla de Claudio López para tratar de mediar nun conflito entre particulares.       

Neste caso a queixa proviña da veciña dunha vivenda a cal manifestou aos axentes que os veciños doutro piso chamárana a atención desde o porteiro automático, queixándose de que estaba a facer ruído, cando non era así pois tiña aos seus fillos deitados e non molestaban a ninguén.

Os policías entrevístanse co veciño que chamou a atención polo porteiro, manifestando que escoitara ruído proveniente dun aspirador e de taconeo pola madeira da vivenda, que era moi frecuente sobre todo despois da época de confinamento.

Os axentes mediaron entre as dúas partes dando por resolvido o conflito.

Cristal solto nun tellado con risco de caída sobre vía pública

Sobre as 16,45 horas do día 14 de setembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta desde a Muralla un cristal solto sobre o tellado dun edificio deshabitado da Rolda da Muralla, con perigo de caída á vía pública.

Que tras acordoar a zona requírese a presenza dunha dotación de Bombeiros que procede á retirada do cristal, quedando restablecida a circulación.

Intervención da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo en accidentes de circulación ocorridos no centro urbano durante o 14 de setembro

  • 15,15 horas. Accidente de circulación en  rúa  do Peto entre dous vehículos, resultando con danos materiais
  • 18,15 horas. Accidente de circulación en  rúa Castelao, estando implicados tres vehículos (unha en circulación e dous estacionados), con resultado de danos materiais
  • 17,15 horas. Accidente de circulación na rúa Alfredo Brañas. Un turismo estacionado púxose en movemento sen ninguén no interior e choca contra un banco de madeira. Foi retirado polo guindastre ao Depósito Municipal

Noticias relacionadas