Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 12 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Accidente de circulación con alta taxa de alcol

Ás 23:40 horas do día 11 de maio, o equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida de Alfonso X “O Sabio” confluencia con Estrada da Granxa, xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación e había persoas atrapadas no interior dun vehículo.

Os axentes, co apoio de varias patrullas do Grupo Operativo Nocturno, comproban como un turismo saíuse da calzada pola dereita, chocando contra un farol de iluminación pública, posteriormente contra un muro, chocando contra dous turismos estacionados, ocasionando danos nuns valos de protección de acceso ao recinto universitario e chocando frontalmente contra unha columna.

O vehículo era ocupado por dúas mozas que resultaron feridas aínda que, en principio, non revisten gravidade, o que motivou o seu traslado ao HULA, tendo necesidade de intervir unha dotación de Bombeiros e unha ambulancia do 061.

A condutora presentaba signos de embriaguez, sendo sometida ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,98 mg/l (catro veces máis que a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Festas en interior de vivendas particulares

Na madrugada do 10 ao 11 de maio, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron en dúas festas que se estaban levando acabo en vivendas da cidade.

A primeira intervención prodúcese ás 00:10 horas cando os veciños dun edificio da rúa Menorca comunicaban ao 092 os ruídos molestos que proviñan dunha vivenda. Os axentes comproban que se escoitan ruídos de actividade humana en ton alto polo que se procede á identificación da persoa responsable, sendo requirida para que cesen as molestias, o que fai ao instante, manifestando que cría que se podía facer ruído ata as 1:00 horas da madrugada.

A segunda intervención levou a cabo nun edificio da rúa Centolo onde os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda. Os axentes comproban que desde a escaleira escóitanse ruídos molestos de volume moi alto de música e cánticos de persoas. Procédese á identificación da responsable, sendo requirida para que cesen as molestias, o que fai ao instante, manifestando que se atopa cunhas amigas celebrando unha festa, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Multimedia

  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo
  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas