Comezan as obras de instalación dunha rede de biomasa en Frigsa

A UTE  Forestación Galicia e Forestación e Repoblación SA acomete o proxecto, que conta cun orzamento de 874.063 euros e un prazo de execución de 14 días

Venres, 03 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As obras para a instalación dunha rede de biomasa nas dependencias de Frigsa comezaron este venres, segundo informou o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal. A UTE  Forestación Galicia e Forestación e Repoblación SA acomete o proxecto, que conta  por importe de 874.063 euros, e un prazo de execución de 14 días.

O proxecto, supeditado a unha subvención do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) por valor de 700.000 euros, consiste na implantación dun sistema non contaminante para a rede de calor da calefacción das instalación de Frigsa co fin de mellorar a eficiencia enerxética.

O Goberno delegou a finais de setembro as competencias no Concelleiro de Desenvolvemento Sostible para a resolución de todos os actos de trámite e resolutivos necesarios para a contratación destas actuacións co fin de axilizar o máximo posible os trámites para poder cumprir cos prazos marcados polo INEGA para executar e xustificar a subvención, que rematan o 20 de novembro.

Audio

  • Daniel Piñeiro, sobre a rede de biomasa en Frigsa | Descargar mp3

Noticias relacionadas