Comeza a retirada e renovación dos bolardos de protección no barrio da Milagrosa

Luns, 15 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a retirada e renovación dos bolardos de protección no barrio da Milagrosa

O edil de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, supervisou este luns o inicio dos traballos de retirada e renovación dos bolardos de protección no barrio da Milagrosa. Esta actuación comezou polas vías Mallorca e Milagrosa e, a continuación, seguirá polas rúas de Curros Enríquez, Reverendo Xosé Fernández, Camiño Real (desde Milagrosa hasta García Abad), Yáñez Rebolo, Xulia Minguillón, Pintor Villamil e Tino Grandío. En total actuarase nos máis de 300 bolardos existentes.

Con esta iniciativa o goberno de Lara Méndez dá resposta a outra das demandas veciñais que se presentaron durante a campaña de participación cidadá posta en marcha co programa de inserción socio-laboral Muramiñae Rehabilita. Ademais de mellorar a seguridade na zona, xa que os elementos elixidos recuperan a verticalidade despois de flexar ao 90%, con estes cambios se iguala a estética dos bolardos no barrio. Os que se retiren e estean en bo estado, servirán para repor os que estean rotos noutras rúas da cidade sempre que sexan do mesmo modelo.

Estes traballos, enmárcanse na estratexia DUSI Muramiñae, cofinanciada polo Concello ao 20% e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea ao 80%.

Noticias relacionadas