Comeza o prazo de inscrición das Aulas Abertas da Programación de Nadal

As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición e o listado de persoas admitidas publicarase o día 17 de decembro.

A matrícula deberá formalizarse entre os días 20 e 21 de decembro, cubrindo o formulario modelo 603 de pago de taxas, efectuando o abono da mesma e entregando o xustificante no centro de convivencia correspondente.

Luns, 13 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza o prazo de inscrición das Aulas Abertas da Programación de Nadal

O Goberno de Lara Méndez, a través da área de Benestar Social que dirixe a concelleira Olga López Racamonde, abre o prazo de inscrición das Aulas Abertas, “programación que permitirá que as familias poidan compatibilizar as súas obrigas laborais cos períodos non lectivos, e da que se beneficiarán, un total de 120 rapaces e rapazas de Lugo este Nadal” explicaba a edil.

As familias interesadas en acollerse á programación de Nadal das Aulas Abertas, poderán presentar a súa solicitude a partir de hoxe, ben de xeito presencial – entre as 09:00 e as 13:00 horas no centros de convivencia Uxío Novoneyra e Lamas de Prado, ben a través do enderezo electrónico aulasabertas@lugo.gal para o que poden xa descargar as instancias correspondentes, na páxina web do Concello de Lugo: www.concellodelugo.gal, dentro do apartado Animación Sociocultural (http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/programa-gl-animacion-sociocultural).

As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición e o listado de persoas admitidas publicarase o día 17 de decembro. A matrícula deberá formalizarse entre os días 20 e 21 de decembro, cubrindo o formulario modelo 603 de pago de taxas (http://www.lugo.es/Modalidad3/Autoliquidacion?modelo=603) efectuando o abono da mesma e entregando o xustificante no centro de convivencia correspondente.

 Máis info

Noticias relacionadas