Xoves, 02 de xullo de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

O goberno de Lara Méndez, dende a concelleria de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, que dirixe Olga López pon a disposición das persoas maiores de Lugo a iniciativa “Activando o Corpo” en horario de 18.30 a 20.00 durante os meses de xullo e agosto. Esta programación conta con actividades fisicas grupales en espazos abertos, sempre mantendo as distancias sociais que a normativa en vigor fixe nese intre, “os diferentes exercicios serán levados a cabo en grupos, garantindo unhas condicións de sanidade, distanciamento e hixiene óptimas para os interesados” explica a edil ao tempo que anima a participar nestas xornadas.
A programación será ao longo da semana correspondendo cada dia a unha praza:
- Lúns: Praza do Castiñeiro
- Martes: Praza da Milagrosa
- Mércores: Augas Férreas
- Xoves: Praza Maior
- Venres: Praza Horta do Seminario