Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comeza a iniciativa “Activando o Corpo” impulsada dende a área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade a disposición dos maiores de Lugo

Comeza a iniciativa “Activando o Corpo” impulsada dende a área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade a disposición dos maiores de Lugo

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Programación cultural,
    • Deportes
Xoves, 02 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a iniciativa “Activando o Corpo” impulsada dende a área de Benestar, Inclusión e Terceira Idade a disposición dos maiores de Lugo

O goberno de Lara Méndez, dende a concelleria de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, que dirixe Olga López pon a disposición das persoas maiores de Lugo a iniciativa “Activando o Corpo” en horario de 18.30 a 20.00 durante os meses de xullo e agosto. Esta programación conta con actividades fisicas grupales en espazos abertos, sempre mantendo as distancias sociais que a normativa en vigor fixe nese intre, “os diferentes exercicios serán levados a cabo en grupos, garantindo unhas condicións de sanidade, distanciamento e hixiene óptimas para os interesados” explica a edil ao tempo que anima a participar nestas xornadas.

A programación será ao longo da semana correspondendo cada dia  a unha praza:

  • Lúns: Praza do Castiñeiro
  • Martes: Praza da Milagrosa
  • Mércores: Augas Férreas
  • Xoves: Praza Maior
  • Venres: Praza Horta do Seminario

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comeza-iniciativa-activando-o-corpo-impulsada-dende-area-de-benestar-inclusion-e-terceira