A Concelleira de Desenvolvemento Local, Rosana Rielo, abriu hoxe o relatorio sobre Comunicación Emocional organizada pola Asociación de directivos de Comunicación de Galicia con motivo da celebración do seu encontro anual nas instalacións do Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo
Mércores, 20 de maio de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa

A charla, que tivo lugar esta tarde, correu a cargo de Mar Castro que tratou na súa intervención sobre temas como a intelixencia emocional, a oratoria emocional, a comunicación non verbal e a persuasión no ciberespazo.