A calidade da auga na provincia de Lugo e o desenvolvemento sustentable centra a segunda xornada do XXXVI Curso de Saúde Ambiental

Martes, 03 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A segunda xornada do XXXVI Curso de Saúde Ambiental. Congreso Provincial de Medio Ambiente, co que colabora o Concello de Lugo, centrouse no análise da calidade das augas como elemento crítico para a saúde e o desenvolvemento sustentable da provincia de Lugo.

Ao longo da tarde un total de sete relatores deron conta das súas teorías sobre a auga na provincia:

- O subdirector xeral de Programación e proxectos de Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, Francisco Alonso Fernández, explicou o Plan de saneamento de Galicia 200-2015: a súa aplicación na provincia de Lugo.

- Ignacio Escavias de Carvajal, director de obra do Abastecemento de Auga a Lugo da Sociedade Estatal de Augas da Cunca do Norte, SA, presentou o seu relatorio Novo sistema de abastecemento de auga a Lugo: recirculación das augas tratadas na futura EDAR de Lugo.

- O xefe da Sección de Sanidade Ambiental da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, Juan Antonio Vázquez, falou sobre o Estado actual da calidade das augas de consumo humano dos abastecementos da provincia de Lugo.

- José María Ouro López, Xefe de Producción de Zona Norte de Galicia Aquagest, SA, falou sobre A Xestión dos servizos de abastecemento e saneamento nalgúns municipaios da provincia de Lugo.

- José Piñeiro Aneiros, Director das obras de Mellora do Saneamento de Lugo, explicou o novo sistema de saneamento de Lugo: contribución á mellora da calidade das augas e minimización do impacto ambiental no seu contorno.

- A delegada de Gestagua, SA en Galicia, Mercedes del Pino Fernández-Couto presentou o seu relatorio Xestión dos tanques de tormenta: optimiczación das redes de alcantarillado e pluviais e da EDAR de Lugo.

- Para rematar, Rafael Dopazo, Técnico de Desenvolvemento de Negocio de Soluciones Medioambientales y Aguas, SA falou sobre a Eficacia das plantas depuradoras compactas e prefabricadas na depuración de augas residuais domésticas para pequenos núcleos de poboación.

Este curso ten como obxecto abordar e debater algúns dos problemas ambientais prioritarios que ten a provincia de Lugo, e está dirixido a todos os que traballan ou están interesados no medio ambiente e na saúde.

Noticias relacionadas