As brigadas municipais acondicionan o alumeado de toda a cidade

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitaron os traballos de mellora que se están a realizar nas farolas da Escalinata da Estación

Rubén Arroxo: “as brigadas municipais realizan pequenas intervencións coma esta, que melloran a imaxe da cidade e non requiren dunha grande inversión”

Sábado, 20 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As brigadas municipais acondicionan o alumeado de toda a cidade

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, visitaron ao persoal das brigadas municipais que están a realizar intervencións de mellora do alumeado en toda a cidade. Rubén Arroxo explicou que “estanse a limpar e acondicionar as farolas en distintas zonas da cidade, unha intervención que mellora a imaxe da cidade e a percepción da veciñanza das instalacións públicas”.

Nestes días o persoal da brigada está a traballar no alumeado da Escalinata da Estación, e continuará a realizar intervencións no resto da cidade, acondicionando a rede de alumeado público segundo as necesidades de cada zona.

"As brigadas municipais realizan unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade", explicou Rubén Arroxo. Coa brigada, o concello de Lugo e a concellería de Infraestruturas urbanas traballan para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza.

"É importante lembrar a importancia da brigada de obras, que permite facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños", sentenciou Rubén Arroxo.

Multimedia

  • As brigadas municipais acondicionan o alumeado de toda a cidade

Noticias relacionadas