A Carreira popular Lugo Monumental, terá as inscricións abertas ata o lunes 13 de decembro.
O Concello de Lugo, co patrocinio de CaixaBank, organiza un ano máis a carreira popular Lugo Monumental.
A carreira, estará limitada a 1.500 adultos e toda a información do evento estará dispoñible na páxina web: www.10klugomonumental.com

A concellería de Deportes, dirixida por Mauricio Repetto, daba conta esta mañá que a XVIII edición da Carreira Popular Lugo Monumental - Gran Premio CaixaBank, a falta de 18 días para a súa celebración, alcanzou case a metade de inscritos permitidos.
O Concello de Lugo, co patrocinio de CaixaBank, organiza un ano máis a carreira popular Lugo Monumental, que como novidade, este ano situou o punto de saída as 11:00h na Avenida de Ramón Ferreiro, a carón da Praza Horta do Seminario cunha distancia aproximada de 10 km.
“Os corredores, coñecerán na mesma semana da carreira, o caixón no que se deberán de situar ao comezo da proba e a quenda de saída que lles corresponderá, co obxectivo de facer saídas separadas e ordenadas” explicaba o edil. Como novidade, nesta edición, a organización variou parte do percorrido, de tal xeito que a primeira volta constará dunha distancia de 3,7 km ata pasar de novo pola liña de saída, e a subida ao adarve da Muralla situarase aproximadamente sobre o km 6.
Lembrar que as inscricións entran nun novo tramo a partir do 1 de decembro e finalizan luns 13, semana na cal as persoas que participen na mesma deberán de recoller os seus dorsais en InterSport Lugo seguindo os protocolos sanitarios estimados no regulamento pola organización.
A día de hoxe e cos protocolos actuais, a previsión que ten a organización para poder participar na proba é a da obrigatoriedade da presentación do pasaporte Covid-19, e só, se a situación da pandemia empeora e as autoridades sanitarias así o esixen, se pedirá un test de antíxenos ou PCR válido nas 72h anteriores á proba, tal e como figura no regulamento da carreira.