A área de Urbanismo pon en valor o patrimonio histórico e cultural da cidade coa reparación das ventás arqueolóxicas de Doutor Castro

A intevención, promovida dende o departamento de Arqueoloxía, consistirá na substitución dos vidros, luídos pola erosión e o paso do tempo e que comprometían a correcta exposición dos mosaicos

Os traballos, que finalizarán ao longo do día, para diminuír as molestias á cidadanía, contan cun orzamento próximo aos 14.000 euros

Luns, 27 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Urbanismo pon en valor o patrimonio histórico e cultural da cidade coa reparación das ventás arqueolóxicas de Doutor Castro

O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, supervisaba a primeira hora desta mañá os traballos de acondicionamento das tres ventás arqueolóxicas sitas na rúa Doutor Castro.

Unha intervención, promovida dende a área de Arqueoloxía e coa que se pretende mellorar tanto o estado de mantemento das fiestras expositivas e a conservación das pezas como, así mesmo, a calidade coa que a súa exposición chega ao público.

“Os traballos, que dipoñen dun orzamento próximo aos 14.000 euros, finalizarán ao longo do día co fin de diminuír as incomodidades que poida xerar para a cidadanía tanto no que ten que ver co tránsito peonil nesta céntrica rúa da capital como no que garda relación coas molestias de ruído que orixina a maquinaria durante a execución das tarefas”, indicou o concelleiro.

Couto sinalou que as obras consistirán na retirada dos vidros, xa moi desgatados pola erosión e o paso do tempo, e na súa substitución por outros que, mantendo as mesmas dimensións e características de seguridade, incrementarán a visualización dos restos que albergan. Tamén serán renovadas as pezas do pavimento nas que se asentan as ventás e que presenten algún tipo de dano.

“Desta maneira non só poñemos en valor o noso patrimonio histórico e cultural senón que tamén aproveitamos a actuación para reparar o firme, avanzando nunha cidade máis cómoda e habitable pero tamén máis atractiva para toda a veciñanza e as persoas que nos visitan”, concluíu o edil.

Audio

  • O edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto, sobre as melloras de Ventás Arqueolóxicas | Descargar mp3

Multimedia

  • A área de Urbanismo pon en valor o patrimonio histórico e cultural da cidade coa reparación das ventás arqueolóxicas de Doutor Castro
  • A área de Urbanismo pon en valor o patrimonio histórico e cultural da cidade coa reparación das ventás arqueolóxicas de Doutor Castro

Noticias relacionadas