Rubén Arroxo: “con esta recomendación aumentarase a seguridade ao evitarse os cruces entre camiñantes”

O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, pediu á veciñanza que realice deporte ou pasee polo percorrido da muralla que o realice en sentido anti-horario. Segundo Rubén Arroxo, “co cumprimento desta recomendación aumentarase a seguridade, ao evitarse os cruces entre camiñantes”.
“Trátase dun chamamento cívico á veciñanza, dunha recomendación para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio entre as veciñas e veciños de Lugo”, afirmou Rubén Arroxo, que aclarou que “ao non ser unha obriga, o seu incumprimento non se sancionará”. Malia isto, Rubén Arroxo pediu á veciñanza de Lugo “que siga sendo un exemplo de actuación nesta nova etapa da crise do COVID-19”.
Rubén Arroxo agradeceu “o compromiso e a responsabilidade da veciñanza de Lugo co cumprimento das normas emitidas polas diferentes administracións neste primeiro día de saídas á rúa.