Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Mobilidade pide á veciñanza que camiñe pola muralla en sentido anti-horario

A área de Mobilidade pide á veciñanza que camiñe pola muralla en sentido anti-horario

Rubén Arroxo: “con esta recomendación aumentarase a seguridade ao evitarse os cruces entre camiñantes”

  • Tema
    • Benestar social,
    • COVID-19,
    • Infraestruturas
Sábado, 02 de maio de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade pide á veciñanza que camiñe pola muralla en sentido anti-horario

O Tenente de Alcalde, e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, pediu á veciñanza que realice deporte ou pasee polo percorrido da muralla que o realice en sentido anti-horario. Segundo Rubén Arroxo, “co cumprimento desta recomendación aumentarase a seguridade, ao evitarse os cruces entre camiñantes”.

“Trátase dun chamamento cívico á veciñanza, dunha recomendación para reducir ao máximo as posibilidades de contaxio entre as veciñas e veciños de Lugo”, afirmou Rubén Arroxo, que aclarou que “ao non ser unha obriga, o seu incumprimento non se sancionará”. Malia isto, Rubén Arroxo pediu á veciñanza de Lugo “que siga sendo un exemplo de actuación nesta nova etapa da crise do COVID-19”.

Rubén Arroxo agradeceu “o compromiso e a responsabilidade da veciñanza de Lugo co cumprimento das normas emitidas polas diferentes administracións neste primeiro día de saídas á rúa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-mobilidade-pide-vecinanza-que-camine-pola-muralla-en-sentido-anti-horario