- Tema

A área de Medio Ambiente incrementará, este ano, en máis de medio millón de euros o orzamento municipal destinado á limpeza e desinfección da cidade.
A Corporación aprobaba esta mañá, durante o Pleno, unha partida extraordinaria superior aos 500.000 euros “debido ao aumento do gasto que houbo e hai neste servizo derivado dos custos que está a ter o seu reforzo pola pandemia, tanto en materia de persoal, como de material e pola intensificación das tarefas levadas a cabo”, explicou Álvaro Santos.
O edil responsable sinalou que “o que se persegue con esta asignación non é máis que dotar de recursos financeiros a cobertura desta prestación co fin de poder executala axeitadamente sen que o esforzo económico realizado comprometa o seu desenvolvemento nos meses que restan de 2020”.