Rubén Arroxo e Alexandre Penas achegáronse ata Galegos para visitar o campo da festa xunto con veciños e veciñas.
A Tenencia de Alcaldía acondicionou o espazo con zahorra, deixándoo listo para as festas que comezarán o vindeiro 24 de xullo.

O Tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o campo da festa de Galegos acompañados de veciños e veciñas da parroquia, para comprobar o resultado dos traballos de acondicionamento levadas a cabo nas últimas semanas.
A área de Infraestruturas da Tenencia de Alcaldía acondicionou o espazo con zahorra, mellorando así as súas condicións e facilitando a celebración das tradicionais festas, que darán comezo o vindeiro 24 de xullo. Esta intervención responde ao compromiso do goberno municipal de apoiar os barrios e mellorar os espazos de encontro para a veciñanza.
Rubén Arroxo destacou que nos últimos anos desde a Tenencia de Alcaldía realizouse "un importante esforzo" en mellorar a imaxe e os espazos públicos da zona de Galegos. Segundo Rubén Arroxo, "continuamos a traballar nas zonas periurbanas de Lugo, garantindo o benestar das veciñas e veciños de toda a cidade".
Audio
- O Tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, sobre o campo da festa de Galegos | Descargar mp3



