Aparca con xeito!, a campaña de colaboración cidadá do Concello, bota a andar mañá centrada no carril bus

Estenderase ata o 7 de maio en 5 fases diferenciadas de quince días de control de estacionamento. Ademais do carril bus, incidirase no aparcamento en carga e descarga, dobre fila, beirarrúas e en prazas de movilidade reducida

Con dita campaña, o Goberno pretende sensibilizar á cidadanía ao tempo se vela polo cumprimento da normativa de circulación

Domingo, 12 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Aparca con xeito!, a campaña de colaboración cidadá do Concello, bota a andar mañá centrada no carril bus

Aparca con xeito!, a campaña de colaboración cidadá anunciada o pasado xoves pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, bota a andar mañá centrada no control de estacionamento no carril bus. Trátase dunha campaña coa que o Goberno pretende sensibilizar á cidadanía ao tempo que se vela polo cumprimento da normativa de circulación. Deste xeito, desenvolverase ata o 7 de maio, en 5 fases de quince días de control de estacionamento. Ademais do carril bus, a Policía Local incidirá e intensificará a vixiancia no relacionado ao aparcamento en carga e descarga, dobre fila, beirarrúas e en prazas de mobilidade reducida.

A primeira destas fases, que arrinca mañá, tentará sensibilizar sobre o prexuízo que causan ao transporte público comportamentos como circular polos carrís bus, parar ou estacionar no entorno das paradas ou no propio carril, ou aparcar en dobre fila en avenidas polas que transitan distintas liñas de autobuses. Rematará o 26 de febreiro.

A segunda das fases será para facer incidencia naqueles vehículos que estean estacionados en zonas de carga e descarga, para evitar o mal uso destes espazos. Será do 27 de febreiro ao 12 de marzo. A terceira centrarase na dobre fila e desenvolverase do 13 ao 26 de marzo.

A cuarta fase, do 27 de marzo ao 9 de abril, incidirá no estacionamento nas beirrarúas, co propósito de que os peóns en xeral, e especialmente as persoas con problemas de mobilidade, poidan transitar polos espazos destinador a camiñar. Por último, a quinta refírese ao estacionamento en prazas destinadas a persoas de mobilidade reducida e ao control das tarxetas que acreditan a unha persoa para estacionar nesta zona. Nesta liña incidirá a Policía Local do 24 de abril ao 7 de maio.

Así mesmo tamén haberá unha campaña de control de excrementos de animais na vía pública para concienciar e implicar á veciñanza na limpeza do municipio. Dita campaña terá lugar do 10 ao 23 de abril.

Noticias relacionadas