Os cativos e cativas, que viñan acompañados de 3 profesoras, amosaron curiosidade polo funcionamento interno do Concello, pola labor desempeñada polo Goberno Municipal e por cuestións relativas á cidade

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este martes no Salón de Plenos a un grupo de 17 nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lugués Quiroga Ballesteros.
Os cativos e cativas, que viñan acompañados de 3 profesoras, amosaron curiosidade polo funcionamento interno do Concello, pola labor desempeñada polo Goberno Municipal e por cuestións relativa á cidade. Estas visitas permítelles aos máis cativos coñecer en primeira persoa o Concello da súa cidade.
Ana Prieto atendeu as preguntas que lle fixeron os nenos e nenas así como as súas peticións. Os rapaces e rapazas demandaron máis parques infantís, máis bibliotecas, máis garderías e máis centros educativos para Lugo.