Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ana Prieto recibe a un grupo de nenos e nenas do colexio Quiroga Ballesteros

Ana Prieto recibe a un grupo de nenos e nenas do colexio Quiroga Ballesteros

Os cativos e cativas, que viñan acompañados de 3 profesoras, amosaron curiosidade polo funcionamento interno do Concello, pola labor desempeñada polo Goberno Municipal e por cuestións relativas á cidade

  • Tema
    • Economía,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Martes, 24 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Prieto recibe a un grupo de nenos e nenas do colexio Quiroga Ballesteros

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, recibiu este martes no Salón de Plenos a un grupo de 17 nenos e nenas que cursan segundo de primaria no colexio lugués Quiroga Ballesteros.

Os cativos e cativas, que viñan acompañados de 3 profesoras, amosaron curiosidade polo funcionamento interno do Concello, pola labor desempeñada polo Goberno Municipal e por cuestións relativa á cidade. Estas visitas permítelles aos máis cativos coñecer en primeira persoa o Concello da súa cidade.

Ana Prieto atendeu as preguntas que lle fixeron os nenos e nenas así como as súas peticións. Os rapaces e rapazas demandaron máis parques infantís, máis bibliotecas, máis garderías e máis centros educativos para Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ana-prieto-recibe-un-grupo-de-nenos-e-nenas-do-colexio-quiroga-ballesteros