
A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, acompañada do alumnado do centro educativo María Auxiliadora, coñeceu este mércores de primeira man a Caravana da Saúde, un proxecto educativo itinerante posto en marcha por Carrefour. No acto tamén estivo presente o director xeral e o director de recursos humanos de Carrefour, Juan Barragán e Francisco Álvarez, respectivamente, así como mestres e mestras do colexio.
A Caravana da Saúde, que ten como obxectivo fomentar os hábitos de vida saudables, achegando a gastronomía e a alimentación ao ámbito familiar a tráves do lecer e a tecnoloxías, estará en Lugo ata venres e desenvolverá as súas actividades en distintos colexios e no propio parking de Carrefour. Conta con equipamento didáctico e cunha cociña perfectamente equipada onde se desenvolve o proxecto Te Cuento en la Cocina, idea de Ferrán Adriá e baseado nas historias e personaxes de Disney, Marvel, Pixar e Star Wars, co fin de facer divertido cociñar san en familia.