Estás accións enmárcanse no programa de emprego Acceder, co que colabora o Concello cuns 38.000 euros a través do Plan Estratéxico de Subvencións
Mércores, 01 de febreiro de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participou este mércores, na Fundación Secretariado Xitano, na entrega dos diplomas aos participantes nas accións formativas desta entidade no 2016, a través do programa de emprego Acceder, co que colabora o Concello cuns 38.000 euros a través do Plan Estratéxico de Subvencións.
A través destas accións formáronse un total 88 persoas nas 41 empresas colaboradoras, acadando un 25% de inserción laboral.