- Tema
Luns, 21 de novembro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, participou este luns, diante da Xefatura Provincial de Tráfico, no minuto de silencio organizado pola unidade de vítimas de accidentes de tráfico, para conmemorar o Día mundial en recordo destas vítimas. Con este acto, búscase visibilizar e concienciar á sociedade sobre os accidentes de tráfico, que supoñen unha das causas máis frecuentes de mortalidade da cidadanía.