Paula Alvarellos, xunto a concelleira de Benestar Social e Maiores, puxo en valor a importante labor desta iniciativa para inculcar vocacións científicas entre a mocidade.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, visitou está mañá, xunto á concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, a I Feira Científica Don Bosco, unha iniciativa na que participan ata 32 rapaces e rapazas de varios cursos da ESO, ademais de BAC e FP, de seis centros de Lugo, resto de Galicia e de León. A rexedora municipal estivo na praza da Milagrosa, onde o Divina Pastora Salesianos, un dos centros de Lugo participantes xunto ao Seminario Diocesano San Lorenzo, impulsou esta I Feira Científica, pola que hoxe agardaban o paso duns 500 escolares de varios centros lucenses.
Paula Alvarellos puxo en valor “o talento, a emoción e a creatividade destes rapaces e rapazas, cunhas ideas que demostran o compromiso da xuventude coa sociedade, xa que puidemos coñecer proxectos nos que a ciencia ponse ao servizo do benestar dos maiores, da seguridade viaria ou do medio ambiente”. A alcaldesa felicitou tanto aos organizadores desta iniciativa como ás e os participantes e desexou que “por unha banda estes proxectos científicos se convertan nunha realidade e por outra sirvan para inculcar novas vocacións científicas entre as e os estudiantes”.



