Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A alcaldesa visita a I Feira Científica Don Bosco, no centro Divina Pastora, e pon en valor a creatividade e o talento dos seus proxectos

A alcaldesa visita a I Feira Científica Don Bosco, no centro Divina Pastora, e pon en valor a creatividade e o talento dos seus proxectos

Paula Alvarellos, xunto a concelleira de Benestar Social e Maiores, puxo en valor a importante labor desta iniciativa para inculcar vocacións científicas entre a mocidade.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Cultura e Turismo,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Xoves, 06 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa visita a I Feira Científica Don Bosco, no centro Divina Pastora, e pon en valor a creatividade e o talento dos seus proxectos

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, visitou está mañá, xunto á concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, a I Feira Científica Don Bosco, unha iniciativa na que participan ata 32 rapaces e rapazas de varios cursos da ESO, ademais de BAC e FP, de seis centros de Lugo, resto de Galicia e de León. A rexedora municipal estivo na praza da Milagrosa, onde o Divina Pastora Salesianos, un dos centros de Lugo participantes xunto ao Seminario Diocesano San Lorenzo, impulsou esta I Feira Científica, pola que hoxe agardaban o paso duns 500 escolares de varios centros lucenses. 

Paula Alvarellos puxo en valor “o talento, a emoción e a creatividade destes rapaces e rapazas, cunhas ideas que demostran o compromiso da xuventude coa sociedade, xa que puidemos coñecer proxectos nos que a ciencia ponse ao servizo do benestar dos maiores, da seguridade viaria ou do medio ambiente”. A alcaldesa felicitou tanto aos organizadores desta iniciativa como ás e os participantes e desexou que “por unha banda estes proxectos científicos se convertan nunha realidade e por outra sirvan para inculcar novas vocacións científicas entre as e os estudiantes”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-visita-i-feira-cientifica-don-bosco-no-centro-divina-pastora-e-pon-en-valor