Martes, 13 de marzo de 2018
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este martes, no Salón de Plenos do Concello, a un nutrido grupo de alumnas e alumnos daneses e lucenses do Instituto Lucus Augusti.
A rexedora comentou a gratificante experiencia que supón para uns e para outros este tipo de intercambios, non só a nivel social, senón tamén a nivel profesional, xa que esta aprendizaxe é moi valorada á hora de atopar traballo. Para rematar convidou a un grupo a gozar da cidade luguesa e ao outro a que faga de bo anfitrión, como é habitual nos veciños e veciñas de Lugo.