Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa recibe a un nutrido grupo de daneses en intercambio co alumnado do IES Lucus Augusti

A Alcaldesa recibe a un nutrido grupo de daneses en intercambio co alumnado do IES Lucus Augusti

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación
Martes, 13 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe a un nutrido grupo de daneses en intercambio co alumnado do IES Lucus Augusti

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este martes, no Salón de Plenos do Concello, a un nutrido grupo de alumnas e alumnos daneses e lucenses do Instituto Lucus Augusti.

A rexedora comentou a gratificante experiencia que supón para uns e para outros este tipo de intercambios, non só a nivel social, senón tamén a nivel profesional, xa que esta aprendizaxe é moi valorada á hora de atopar traballo. Para rematar convidou a un grupo a gozar da cidade luguesa e ao outro a que faga de bo anfitrión, como é habitual nos veciños e veciñas de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-recibe-un-nutrido-grupo-de-daneses-en-intercambio-co-alumnado-do-ies-lucus-augusti