A alcaldesa Paula Alvarellos mostra ao Grupo Municipal do PP as instalacións do novo auditorio, trala subsanación das máis de 200 deficiencias detectadas

A rexedora, acompañada de Pablo Permuy, acompañou aos edís do Partido Popular nunha visita ao inmoble, que abrirá proximamente, tras un investimento municipal de máis de 330.000 euros destinado a correxir defectos construtivos.

“Actualmente estanse a definir aspectos relacionados coa administración, programación e mantemento do complexo, como antesala á súa posta en funcionamento”, explicou.

Xoves, 11 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Paula Alvarellos mostra ao Grupo Municipal do PP as instalacións do novo auditorio, trala subsanación das máis de 200 deficiencias detectadas

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañou este xoves aos membros do Grupo Municipal do Partido Popular nunha visita polas instalacións do novo auditorio de Magoi. A rexedora, xunto ao concelleiro de Xestión Integral de Recursos Internos, Pablo Permuy, mostrou aos edís populares as dependencias, ao longo dun percorrido no que explicou as numerosas subsanacións que tivo que levar a cabo o Concello para correxir as múltiples patoloxías e defectos construtivos que afectaban ao inmoble.

Neste senso, Alvarellos, lembrou que “a apertura do auditorio será posible tras un investimento municipal que supera os 3300.000 euros destinados a solucionar as máis de 200 deficiencias inventariadas, e logo dun arduo traballo por parte dos distintos servizos municipais”.

A rexedora informou que “actualmente estamos a definir distintos aspectos relacionados coa administración, programación e mantemento do complexo, fase na que é necesario que varias áreas municipais traballen de forma coordinada, previa a posta a disposición da veciñanza do novo complexo e, polo tanto, á súa posta en funcionamento”.

Entre as patoloxías detectadas atopábanse múltiples danos ocasionados por filtracións nas fachadas, estruturas, carpintería, revestimentos interiores e pavimentos, e que veñen derivadas de defectos construtivos e da falta de mantemento, por parte da Xunta de Galicia, desde que finalizou a execución da obra, en 2016, ata que foi entregado á Administración local.

Multimedia

  • A alcaldesa Paula Alvarellos mostra ao Grupo Municipal do PP as instalacións do novo auditorio, trala subsanación das máis de 200 deficiencias detectadas
  • A alcaldesa Paula Alvarellos mostra ao Grupo Municipal do PP as instalacións do novo auditorio, trala subsanación das máis de 200 deficiencias detectadas

Noticias relacionadas