A Alcaldesa participou na Coruña no foro de lanzamento da Axenda Urbana do Eixo Atlántico

Xoves, 15 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participou na Coruña no foro de lanzamento da Axenda Urbana do Eixo Atlántico

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto ao voceiro municipal, Miguel Fernández, e a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participou este xoves no Foro de Lanzamento do Plan de Acción da Axenda Urbana do Eixo Atlántico celebrado este xoves na Coruña, un encontro no que tomaron parte alcaldes e alcaldesas de Galicia, doutras comunidades españolas e de Portugal, ademais de representantes dos Gobernos español e luso.

Seguindo a directriz europea de implantar as axendas urbanas como novo método de traballo co fin de maximizar o potencial de crecemento das cidades e abordar os retos sociais coa propia cidadanía, o Eixo Atlántico traballa dende o 2014 nunha Axenda Urbana propia para Galicia e o norte de Portugal, converténdose na primeira entidade transfronteiriza da UE en poñer en práctica este sistema baseado no traballo en rede entre as administracións e a sociedade para afrontar cuestións como o desenvolvemento económico, a participación cidadá, o medio ambiente ou as políticas de residuos e mobilidade. A sesión de traballo de hoxe supón deste xeito comezar a plasmar de forma práctica os acordos que alcanzaron os concellos integrantes do Eixo o ano pasado sobre a Axenda Urbana.

Noticias relacionadas