Paula Alvarellos e varios representantes da Corporación amosaron a súa repulsa por este crime ao tempo que lembraron á muller de 44 anos morta en Palma de Mallorca.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, participou esta mañá na convocatoria da Subdelegación do Goberno en Lugo en repulsa por un novo caso de violencia machista que acabou coa vida de María del Rosario, de 32 anos e nai dunha nena e dun neno, de dous e catro anos.
Na concentración ante a Subdelegación do Goberno gardouse un minuto de silencio en repulsa pola morte, o pasado día 30 en Palma de Mallorca, de María del Rosario, asasinada pola súa parella, que tiña denuncias previas e unha orde de afastamento. A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero confirmou que con este asasinato xa son 44 as mulleres vítimas das súas parellas ou ex parellas e 34 os menores que quedan orfos e orfas.


