Máis dun cento de persoas sumáronse a esta actividade organizada polo Concello, a Deputación e a Federación Veciñal
- Tema

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, participaron este sábado na Ruta cardiosaudable polo Río Rato, á que se sumaron máis dun centro de persoas. Previamente, entregáronselles camisetas aos participantes co lema No tempo de lecer camiña con nós!.
Esta ruta, que foi organizada polo Concello, a Deputación e a Federación Veciñal, tivo unha extensión duns 4 quilómetros, que corresponden ao treito do cinto verde entre a Tolda e a Estrada da Fonsagrada. Durante esta actividade, que tivo unha duración aproximada duns 50 minutos, os participantes estiveron acompañados por monitores e distribuíronse augas para combatela deshidratación. Tamén participaron membros de Protección Civil para garantir a seguridade durante todo o evento.