Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa participa na Ruta cardiosaudable polo Río Rato, coa que se conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente

A Alcaldesa participa na Ruta cardiosaudable polo Río Rato, coa que se conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente

Máis dun cento de persoas sumáronse a esta actividade organizada polo Concello, a Deputación e a Federación Veciñal

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes,
    • Medio ambiente
Sábado, 04 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa participa na Ruta cardiosaudable polo Río Rato, coa que se conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, participaron este sábado na Ruta cardiosaudable polo Río Rato, á que se sumaron máis dun centro de persoas. Previamente, entregáronselles camisetas aos participantes co lema No tempo de lecer camiña con nós!.

Esta ruta, que foi organizada polo Concello, a Deputación e a Federación Veciñal, tivo unha extensión duns 4 quilómetros, que corresponden ao treito do cinto verde entre a Tolda e a Estrada da Fonsagrada. Durante esta actividade, que tivo unha duración aproximada duns 50 minutos, os participantes estiveron acompañados por monitores e distribuíronse augas para combatela deshidratación. Tamén participaron membros de Protección Civil para garantir a seguridade durante todo o evento.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-participa-na-ruta-cardiosaudable-polo-rio-rato-coa-que-se-conmemora-o-dia-mundial-do