A alcaldesa Lara Méndez advirte da importancia de visibilizar á muller do rural porque é “o piar fundamental que o sustenta”

A rexedora de Lugo participa na entrega de premios do IV Concurso de Traballos de Fin de Grao Enxeñaría e Muller Rural, organizado pola Comisión de Igualdade do centro.

Mércores, 04 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Lara Méndez advirte da importancia de visibilizar á muller do rural porque é “o piar fundamental que o sustenta”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou hoxe na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría na entrega de premios do IV Concurso de Traballos de Fin de Grao Enxeñaría e Muller Rural, organizado pola Comisión de Igualdade do centro, que ten por obxecto premiar aqueles traballos Fin de Grao dos graos impartidos na EPS asinados por alumnas ou calquera que teña como temática o desenvolvemento de proxectos que melloren as condicións de vida e de traballo das mulleres no medio rural.

A rexedora destacou o traballo, moitas veces invisible das mulleres no rural “onde as cuestións relacionadas coa igualdade acentúanse xa que á vez que adoitan participar moi activamente ou ben ser a clave das actividades económicas familiares vinculadas co sector primario o fan nunha nunha contorna aínda moi masculinizada e con moito camiño por andar na corresponsabilidade familiar”. “É importante sumar esforzos en favor do empoderamento e a visibilización da muller porque é o piar fundamental que sostén o rural”, sostivo.

Na entrega de premios participou tamén Dolores Fernández Rodríguez, Presidenta da Comisión de Igualdade de Xénero da EPSE; María Loureiro García, Deputada provincial Lugo; Montserrat Valcárcel Armesto, Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo; Marta Barreiro Castro, Secretaria Territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Lugo; Carmen Jorge, Xefa de área de Asturias e Lugo en Ence eEnxeñeira de Montes alumna egresada da EPSE.

Das candidaturas valoradas, no IV Concurso Enxeñaría e Muller Rural gañou na modalidade A, Andreína Mitsai Vargas Carrión (Enxeñeira Civil) co seu traballo “Aplicación de sistemas de xestión de bases de datos para a selección da localización óptima dun polígono de arrecifes artificiais tipo verde-PROARR na ría de Ares-Betanzos” e na modalidade B, Ángela Fernández Piñeiro (Enxeñeira Agrícola e Agroalimentaria) con “Instalacións accesorias para centro ecuestre no concello de Culleredo (A Coruña).”

Noticias relacionadas