Méndez comprometeuse a buscar vías e alternativas para garantir a seguridade entre os portais 362-372, ao tempo que lles trasladou os pasos que está dando o Concello para buscar unha solución definitiva á problemática existente
- Tema

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este martes unha reunión con veciños da Avenida de Coruña, co fin de abordar a problemática que denuncian en relación coa retirada dun muro que invade a beirarrúa e dificulta o paso de peóns, entres os portais 362 -372 desta vía.
Neste senso, a rexedora trasladoulles os pasos que está dando o Concello para buscar unha solución, que pasan, principalmente, pola identificación dos titulares da parcela onde se sitúa o muro. Ademais, a Alcaldesa comprometeuse cos veciños a buscar vías e alternativas para garantir a seguridade cidadá.