A Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes apoian aos deportistas que participan nos XII Xogos do Eixo Atlántico

Mércores, 05 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes apoian aos deportistas que participan nos XII Xogos do Eixo Atlántico

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, apoiaron esta tarde aos deportistas que participan nos XII Xogos do Eixo Atlántico, unha cita deportiva que se celebra de xeito simultáneo en Lugo, Sarria e Monforte ata o vindeiro domingo. Deste xeito, achegáronse á Praza de Santa María para gozar da proba de atletismo -masculino e feminino-, onde tamén aproveitaron para saudar á delegación de Lugo competidora e aos gañadores e gañadoras de dita proba.

Os resultados das 7 modalidades que se celebran nesta competición, fútbol, baloncesto, atletismo e atletismo adaptado, natación e natación adpatada, voleibol, balonmán e ximnasia rítimica poden consultarse, de xeito actualizado, en http://xogoseixoatlantico.blogspot.com.es/

Máis info

Multimedia

  • A Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes apoian aos deportistas que participan nos XII Xogos do Eixo Atlántico

Noticias relacionadas