Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes apoian aos deportistas que participan nos XII Xogos do Eixo Atlántico

A Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes apoian aos deportistas que participan nos XII Xogos do Eixo Atlántico

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes
Mércores, 05 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa e o Concelleiro de Deportes apoian aos deportistas que participan nos XII Xogos do Eixo Atlántico

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, apoiaron esta tarde aos deportistas que participan nos XII Xogos do Eixo Atlántico, unha cita deportiva que se celebra de xeito simultáneo en Lugo, Sarria e Monforte ata o vindeiro domingo. Deste xeito, achegáronse á Praza de Santa María para gozar da proba de atletismo -masculino e feminino-, onde tamén aproveitaron para saudar á delegación de Lugo competidora e aos gañadores e gañadoras de dita proba.

Os resultados das 7 modalidades que se celebran nesta competición, fútbol, baloncesto, atletismo e atletismo adaptado, natación e natación adpatada, voleibol, balonmán e ximnasia rítimica poden consultarse, de xeito actualizado, en http://xogoseixoatlantico.blogspot.com.es/ [1]

Máis info

  • Axenda dos XII Xogos do Eixo Atlántico | Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/alcaldesa-e-o-concelleiro-de-deportes-apoian-aos-deportistas-que-participan-nos-xii-xogos-do

Ligazóns:
[1] http://xogoseixoatlantico.blogspot.com.es/
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/050717_convocatorias_xogos_eixo_atlantico_para_xoves_6_de_xullo_de_2017.pdf